Que axentes interveñen nunha paisaxe e a transforman? Que é cales son os seus lindes? Na exposición "In Landscape Mode" (En modo paisaxe), comisariada por Paula Cabaleiro Comesaña, Christian Villamide (Lugo, 1966), reflexiona acerca da distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia con que sometemos a natureza. Na procura dunha maior sensibilización que permita cambiar a nosa maneira de concibir a natureza e de achegarnos a ela, Villamide lévanos a cavilar sobre a nosa paisaxe e o noso territorio desde a introspección, repensándonos a partir da relación que establecemos coa nosa contorna máis inmediata.
Idioma: Galego, castellano, inglés
____
Editorial: XUNTA DE GALICIAIdioma: Galego, castellano, inglés