Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BESTIARIO EN PEDRA

€29,95
ISBN 9788484876618

ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA.

Este traballo pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría das persoas hoxe non as “vexa”, a arte medieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.

Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia e desa xoia que se chama Santiago de Breixa...

Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe e proporcionan un vasto repertorio de textos antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas.

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.

Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento, 2020).

ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA.

No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio, Vicente Risco, Lorenzo Varela, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.

Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da Cultura” do Faro de Vigo e en Sermos, suplemento de Nós Diario.

Xosé Ramón Mariño Ferro é doutor en Antropoloxía Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid.

Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galiza. Froito da súa estadía entre os indios bolivianos é a monografía Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua. De temática exclusivamente galega son os libros Antropoloxía de Galicia e Autobiografía dun labrego. Estudou diversos aspectos da cultura popular galega e europea en Satán, sus siervas las brujas y la religión del mal; La medicina popular interpretada; Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos; La medicina mágica; O entroido ou os praceres da carne; Los cuentos maravillosos; Diccionario del simbolismo animal; e Imágenes de la mujer y del hombre.

____

Editorial: Laiovento 03-2023

Idioma: Galego