Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARQUITECTAS PIONEIRAS DE GALICIA. OITO ENTREVISTAS

€15,00
ISBN 9788497496490
Esta obra recolle oito entrevistas ás primeiras mulleres adicadas á arquitectura en Galicia, e apórtanos o relato das arquitectas no seu contexto profesional e social (sen esquecer o persoal), construíndo unha historia que vai dende os anos 40 á actualidade. Acompáñase cada entrevista dunha breve anotación biográfica, unha fotografía e unha obra de arquitectura representativa.

As orixes son precisos. Comezar é examinar o acaecido, recapitular, respirar e otear o horizonte, para emprender coa vista ao lonxe. Estas entrevistas forman parte desa mirada cara atrás para camiñar cara adiante. En cada unha delas incorpóranse unha breve anotación biográfica e unha fotografía; como peche, ilústrase o quefacer profesional cunha obra de arquitectura. As prácticas arquitecturales das oito profesionais consideradas enmárcanse en catro fases: Antecedente, 1940; Inicio, 1958-1960; Continuidade, 1966-1975; e Consolidación, 1975 en diante. Rita Fernández Queimadelos, titulada en 1940, é a primeira galega en estudar Arquitectura, e pódese considerar a primeira arquitecta española en exercer profesionalmente. Na década dos anos 60, Elena Arregui Cruz-López aséntase en Santiago de Compostela e Milagres Rey Home regresa á Coruña. Séguenas Myriam Goluboff Scheps -arxentina de nacemento e formación, e docente na Escola de Arquitectura da Coruña­- e Mª Jesús Branco Piñeiro -que se instala en Ourense-. Con posterioridade, Julia Fernández de Caleya Blankemeyer incorpórase á mencionada escola. Completan o elenco Pilar Rojo Noguera e Teresa Táboas Veleiro, quen na primeira década do século XXI visibilízanse, ademais, na vida política. O texto identifica e dá a coñecer a estas primeiras mulleres dedicadas á arquitectura en Galicia, á vez que conforma o relato das arquitectas no seu contexto profesional e social, é dicir, constrúe a súa historia. A todas denomínallas pioneiras, e foron incorporadas a esta obra seguindo un dobre criterio: en primeiro lugar, a súa orixe, a súa raíz; e en segundo o seu asentamento, a vinculación laboral e profesional co territorio galego.


____

Editorial: UNIVERSIDADE DA cORUÑA
Idioma: Castellano