A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaṇa, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahābhārata foi tradicionalmente atribuída a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.
Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C. A Bhagavad Gītā fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar Kṛṣṇa, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra. Dentro desta colección de pequenas e grandes historias que é a Mahābhārata, a Bhagavad Gītā (A cantiga do señor), sempre tivo un lugar destacado. Xa fose polo seu papel como vehículo de propaganda da figura de Viṣṇu/Kṛṣṇa e do fenómeno devocional en xeral, pola súa relevancia como obra filosófica, ou polos seus valores culturais e espirituais dentro dun marco máis amplo, sempre gozou dunha sona e dun recoñecemento singulares. Nos últimos dous séculos e a raíz da súa posta en coñecemento en Occidente, Bhagavad Gita ten reclamado a atención de todo tipo de lectores. Foi libro de referencia para Mahatma Gandhi e foi gabado por persoas como Aldous Huxley, Henry David Thoreau, J. Robert Oppenheimer, ou Carl Jung.
Idioma: Gallego

____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego