No canto dun libro de viaxes que describa xentes e lugares, Christina Lilliestierna refire episodios da súa nova vida en Galicia a finais da década de 1960. Nestas páxinas aparecen vellos costumes dos nosos devanceiros, as súas prácticas máxico-relixiosas, o xeito de cultivar a terra e o de enfrontarse ás doenzas.
Lilliestierna ofrece unha ampla panorámica do mundo rural galego nada semellante ao dunha viaxeira que viñese a Galicia buscando tradición e primitivismo, e, convertida xa na nosa paisana sueca, situou o noso país no mapa para o lectorado escandinavo.
____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego