Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VIDAS DO RIO, AS

€20,50
ISBN 9788411761925

Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor.
Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado.
Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan cunha realidade sorprendente de Semana Santa.
As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela a través duns acontecementos tráxicos, neste relato vertixinoso en que as pezas van encaixando con precisión para chegar a un insólito final.

XULIO TEIXEIRA RODRÍGUEZ (O Porriño, 1968) é avogado e profesor de Dereito da Universidade de Vigo. Publicou varios libros sobre temas xurídicos e par ticipou en diversas publicacións científicas no seu campo académico. Tamén é autor do poemario De amor e outros medos (2013) e dunha novela de literatura xuvenil, Os números viaxeiros (2023).
A súa vocación social e de aprendizaxe levárono a traballar como voluntario en causas de dereitos humanos en varios países, como O Perú, Guatemala, Ecuador, Bolivia e Colombia, e viaxar por diferentes países doutros continentes, compartindo experiencias con diversas e variadas culturas.

____

Editorial: Galaxia 03-2024

Idioma: Galego