Un apaixonante thriller protagonizado por un xornalista, no que o autor tensa a corda do suspense e fascina os lectores.
A novela iníciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar unha voda da alta sociedade da época. A partir dun dobre asasinato desátase unha cadea de acontecementos que han levar a Sebastián Faraldo, xornalista obeso e sentimental, a intentar clarexar toda unha lea de intereses e paixóns ocultas. O protagonista percorrerá diferentes escenarios: en Madrid, os baixos fondos e os cafés literarios; en Bilbao vai topar co lado escuro da industria siderúrxica, en Pontevedra e Vigo terá que loitar contra a incomprensión e a intolerancia dos poderes públicos e a prensa. Unha novela que destaca pola súa capacidade para captar o interese do lector e pola extraordinaria recreación de ambientes e personaxes da época da Segunda República.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego