Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VERMELLOS E LAICOS

€26,20
ISBN 9788491516149

A represión fascista do maxisterio coruñés

Este libro inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade.

A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas e arriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismo deixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu a simboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo só habería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por “vermellos e laicos”, foron castigados unha boa parte dos mestres e mestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que se lles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanción administrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou a moitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo un carácter masivo. Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunha tremenda inxustiza.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Galego