Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VENTE DE MADEIRA

€17,95
ISBN 9788411107389

Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao caía co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama. Erguémonos ás oito e media e saímos os dous en dirección ao campus. A cidade notábase distinta, triste. Despois, na cafetaría da facultade, soubemos que houbera tres mortos e corenta e seis feridos na discoteca Clangor da Rocha, na periferia de Compostela. Entón lembrei que a primeira vez que me escondera na cabana de madeira tiña oito anos e miña nai acababa de morrer. O narrador protagonista de «Ventre de madeira» acode ao arquivo da súa memoria e pon por escrito todas as responsabilidades e medos que o impregnan para crear unha novela refuxio, unha novela cabana que lle permita gorecerse da intemperie.

José Carou

José Carou Rey (Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Camilo José Cela de Padrón. Publicou as novelas «Desvelando a Ademar Escambia» (Premio Antón Avilés de Taramancos 2019), «O bebedizo de Lúa» (Premio Lueiro Rey 1997) e «Ventre de madeira» (Xerais, 2025; Premio Lueiro Rey 2024). Tamén é autor dos poemarios «Diorama» (2022) e «Hemisferio Auga» (2021), así como de «Relatos da incorrección» (2021). Escribiu crítica de cine e outras colaboracións ocasionais para distintos medios e recibiu diversos galardóns como o Premio Francisco Fernández del Riego, o Faustino Rey Romero, o Viadutos de Redondela ou o Premio Modesto R. Figueiredo, por «Afán e infortunio dos días estragados» (2018). Saxofonista afeccionado, confórmase con pechar os ollos e escoitar a Coltrane para transcender o mundo feito exclusivamente de palabras.

____

Editorial: Xerais 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 152
NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA