No século XIII a Coroa de León e Galicia deseñou un plan para organizar as terras do noroeste de Galicia. Dentro do plan, a principios dese século serían fundadas as vilas de Coruña e Betanzos, ás que de seguido se foron sumando pola costa Pontedeume, Ferrol, Cedeira, Neda, Ortigueira…
Polo interior apareceu Vilalba, que abriría o camiño ao Leste a través de Mondoñedo e da milenaria Lugo. Nese camiño existía de vello un paso de montaña que cruzaba o curso medio do río Eume por un vado, apoiado por poldras ou pontillóns e posiblemente tamén por algún pontón de madeira, un paso coñecido de antigo co nome das Pontes d’Ume. No seu plan de reorganización territorial a coroa estimou que aquel punto e momento eran os axeitados para construír unha gran ponte de pedra que asegurara en calquera circunstancia o movemento de xentes e mercadurías, é dicir, o desenvolvemento da zona. Para garantir a construción e mantemento da ponte, e para seguridade e comodidade dos viaxeiros e merchadores, decidiuse a creación dunha vila ao pé mesmo da nova ponte, vila que sería bautizada As Pontes, como o vello lugar onde naceu

____