O extraordinario texto co que nos agasalla Benito Eladio Rodríguez axúdanos a reflexionar como a vida urbana actual rachou o vínculo do ser humano coa Natureza, mais é unha realidade que ese mesmo habitante das cidades vibra e sente ese misterio, maxia ou espírito das florestas, cando se mergulla de novo baixo un souto ou unha carballeira. Esa percepción metafísica ou cosmovisión oculta nas lendas e no inmenso legado da mitoloxía galaica, regresa, nese acto, dende o inconsciente á nosa percepción actual. Aínda descoñecendo o noso legado mitolóxico, tal e como afirma Carl G.Jung, os seres humanos nacemos con esa información chamada "inconsciente colectivo" cultural, que lle serve de marco ao autor en todos e cada uno dos seus relatos. Deste xeito, o máxico e sensual conto que ten nas súas mans o lector, permitiralle gozar, a través dun soño, dunha viaxe fantástica que xongue a Natureza co desexo e co pracer ben compartido.
Idioma: Gallego
____
Editorial: Ir IndoIdioma: Gallego