Só hai 26 persoas no mundo que coñecen esta historia. Agora, contigo, imos ser 27. O que che vou contar é dificil de crer, pero prométoche que pasou de verdade, vivino eu.
Seguramente estarás preguntándote por que decidimos non explicarllo a ninguén. A resposta é moi sinxela: se o contásemos tomaríannos por tolos, así que acordamos gardar o segredo e xamais falar deste tema con ninguén.
Ata hoxe...
____
Editorial: Hércules 10-2023Idioma: Galego