Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UMBILICAL

€14,95
ISBN 9789788484877530

Escribíndose desde a controversia e articulándose unha contra a outra, dúas voces flúen para desembocar finalmente nunha tensión creativa na que as palabras reconcilian as súas semánticas diverxentes e por veces enfrontadas, pero nas que tamén se convoca a arela de compartir e nomear o lugar para conseguir habitalo doutro xeito e darlle un sentido novo máis alá de calquera artificio literario.

Xerardo Quintiá (Friol, 1970) é un dos autores máis versátiles das letras galegas, destacando na poesía, a narrativa e a literatura infantil. Residente en Lugo, iniciou a súa andaina en publicacións como Táboa Redonda (El Progreso). Na súa produción poética sobresae a triloxía Fornelos & Fornelos, así como Poesía en ruta e Obra inacabada de Dosinda Christensen.

Recibiu premios de prestixio como o Fermín Bouza Brey, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón e o Premio de Poesía de Vilalba. En narrativa infantil acadou sona internacional con Titiritesa e gañou o Premio Fina Casalderrey con O país do gran furado.

Baldo Ramos (Celanova, 1971) é un poeta e artista plástico fundamental na cultura galega contemporánea. Catedrático de Literatura, a súa obra destaca pola fusión entre a palabra e a imaxe, explorando a plástica do poema a través da caligrafía e o libro de artista. Os seus poemarios máis premiados A árbore da cegueira (Premio Carral), El sueño del murciélago (Premio Arcipreste de Hita) e Palabras para un baleiro (Premio Fiz Vergara Vilariño).

Recentemente publicou As aldeas da memoria (2023), unha fonda homenaxe ás súas raíces. Como artista plástico, realizou numerosas exposicións e libros de autor onde a mancha e o verso dialogan. O seu estilo é reflexivo e existencial, centrado na memoria e no baleiro. Entende a creación como un espazo onde a literatura e a pintura son indisolubles

___

Editorial: Laiovento 01-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 96
POESÍA