A novela dun autor que viviu moitos anos no exilio arxentino, autor dunha recoñecida obra naquel país e que regresa á súa terra con máis de oitenta anos e unha fermosa novela escrita en galego.
Terra coutadatiña que publicada xa nos anos cincuenta, pero non puido aparecer daquela polo tema que trata, un episodio biográfico relacionado coa Guerra Civil. Pasados anos desde entón, non resulta difícil imaxinar a importancia que para a prosa galega daquel tempo puido ter esta novela. O lector non deixará de apreciar, con todo, os valores literarios e non simplemente circunstanciais que posúe, empezando polo vigor do estilo, axustado e vivo, sen inteferencia retóricas, e rematando polo excelente pulso narrativo con que o autor nos guía ao longo da narración.
Fernández Pérez, Antonio
(Río de Xaneiro, 1909-1999). Criouse en Verín e foi mestre. Exiliouse na Arxentina, onde colaborou con asiduidade na prensa da emigración. Aínda que a escribiu corenta anos atrás, en 1990 publicou a novela Terra coutada prologada por Otero Pedrayo, e catro anos despois Crónicas de onte e de hoxe
____
Editorial: Galaxia 02-1994 Idioma: Galego Páxinas: 140 GUERRA CIVIL ENSAIO HISTORIA