DISPOÑIBLE A PARTIR DO 17 XANEIRO 2024.
O método Luísa Villalta
O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.nha sutileza narrativa onde nada carece de senso, e onde todo flúe para provocar o asombro.
____
Editorial: Xerais 01-2024Idioma: Galego