Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SEN MEDO AO DEMO

€16,00
ISBN 9788494898006
Esta obra supón unha versión divulgativa da súa tese doutoral sobre o títeres máis famoso de Galicia. No seu estudo, Campoi analiza o xeito no que o espectáculo que a familia Silvent levou por feiras e festas de todo o país como unha infrapolítica dos grupos subalternos durante os anos posteriores á Guerra Civil en Galiza.

Logo de quedar finalista do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, a nosa compañeira Comba Campoi tira á luz Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da Posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde. Esta obra supón unha versión divulgativa da súa tese doutoral sobre o títeres máis famoso de Galicia. No seu estudo, Campoi analiza o xeito no que o espectáculo que a familia Silvent levou por feiras e festas de todo o país como unha infrapolítica dos grupos subalternos durante os anos posteriores á Guerra Civil en Galiza. No traballo exponse a xénese do espectáculo, a atender a dificultade de rastrexar unha creación de natureza colectiva e popular. A partir de documentos hemerográficos e de relatos de vida abórdase unha análise do discurso do espectáculo que permite confirmar que constituíu unha expresión do discurso oculto das subalternas, aquel que non podía ser expresado abertamente durante un período de forte represión como foron as primeiras décadas da ditadura franquista. Por outra banda, analízanse as estratexias dos artistas ambulantes responsábeis do espectáculo para adaptarse ao contexto das industrias culturais. Por último, a partir da observación participante no proceso de activación patrimonial do espectáculo actualmente en marcha, valórase a posibilidade de revivir a potencialidade do mesmo como forma de crítica ao poder na actualidade

____

Editorial: Fundación Vicente Risco
Idioma: Gallego