Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor. «Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente no infame barrio de Petare, que quere deixar atrás a vida que leva malia estar convencida de que non existe o «ascensor social». Tamén é a historia de Castor Varela, que quixo ir, mais nunca chegou a poñer un pé en Venezuela. E tamén a de Policarpo Luxilde, que foi sen querer e encargou a morte do Castor. En definitiva, unha historia de vidas cruceiro que só alcanzan a súa razón de ser na existencia das outras. crítico
Idioma: Galego
____
Editorial: Xerais 11-2023Idioma: Galego