Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PÍCACHE A CURIOSIDADE?

€19,95
ISBN 9788482896410

O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar?

Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas.

Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas.

A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. As ilustracións de Ro Ledesma completan este libro ideal para aprender sobre o funcionamento das cousas que nos rodean.

____

Editorial: Cumio 09-2023
Idioma: Galego