Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PEGADAS NO MURO

por VV AA.
€23,50
ISBN 9788418567735

Cultura urbana  e artes nas rúas.

Analizar a relevancia das manifestacións artísticas coñecidas como arte urbana e muralismo contemporáneo é o obxectivo deste volume colectivo titulado Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas .
Unha análisedesde o ámbito académico, mais tamén desde o profesional e do artístico. Non hai precedentes en Galicia dunha publicación similar, que aborde dun xeito integral o fenómeno dos graffitis, da arte urbana e do muralismo público, nun contexto
que abarca desde o internacional ao local.
O proxecto naceu en Lugo en 2024, ao abeiro dun curso celebrado na Facultade de Humanidades.
Coordinado polas dúas investigadoras da USC que tamén coidan da presente edición, Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés. Colaboran neste volume catorce especialistas de diferentes disciplinas.
O carácter de potente motor de cambio social destes fenómenos culturais (como ferramenta de identidade e cohesión comunitaria), a visibilidade das mulleres ou a conquista de espazos rurais son algúns dos temas tratados. Tamén, a recente
institucionalización do fenómeno –que fai emerxer dúbidas sobre a súa autenticidade
cultural– ou as tensións entre legalidade e lexitimidade.

Desde Lugo, cidade que estes anos acadou relevancia internacional grazas a algún dos seus espectaculares murais, viaxamos tamén por outras experiencias, en Galicia –Ferrol/Canido, Lugo, Burela, Fene, Ordes , Carballo, As Pontes, Vigo ou Compostela…– e fóra dela –Lisboa, México e Santiago de Chile–.

Así mesmo, ata oito artistas aportan as súas creacións: desde os anónimos Primobanksy ou Ferrol Mola ata Diego AS, Bublegum, Edu Hermida, Emi de las Heras, Pía Piadosa e Yoe33.

ESCRIBEN NESTA OBRA
Laura Luque Rodrigo
Lorena Arévalo Iglesias
Miguel Anxo Rodríguez González
Adris Díaz Fernández
Beatriz Fernández Herrero
Luzia Oca González
Aurelia Balseiro García
Alba Díaz-Geada
Begoña Fernández Rodríguez
Patricia Cupeiro López
Andrea Barreira Freije
Clara Rodríguez Cordeiro
Ascensión Moreno González
Antonio Alcántara Alcántarae

Índice
Palabras antes do muro
Arte no espazo público: conceptos para investigala, xestionala, conservala e gozar dela
Laura Luque Rodrigo..
Entre a reivindicación e a referencialidade.
O graffiti como visibilizador do sentir colectivo
Lorena Arévalo Iglesias.
Arte urbana como recurso: entre a identidade e a xentrificación
Miguel Anxo Rodriguez González...
Muralismo mexicano e arte urbana.
Expresións de resistencia e cambio social
Adris Díaz Fernández..
Muros de dignidade. Escritos, carteis e murais en Santiago de Chile durante o Estalido Social de 2019
Beatriz Fernández Herrero.
Quinta do Mocho: arte contra a exclusión social nun bairro da Grande Lisboa
Luzia Oca González...
Art is not a crime. Consolidación e reconecemento da arte urbana e o muralismo galego
Aurelia Balseiro Garcia..
Reflexións sobre as imaxes do rural nos murais urbanos na Galiza
Alba Díaz-Geada .
Retos para o patrimonio cultural do futuro.
A convivencia entre o patrimonio mundial e a arte urbana.
O caso da cidade de Lugo
Begoña Fernández Rodriguez.
As Meninas de Canido. Unha historia de amor
Patricia Cupeiro López.
Delas Fest Expandido: feminismos e arte urbana contextual
Andrea Barreira Freije e Clara Rodríguez Cordeiro.
Mediación artística nos muros.
Muralismo para a transformación social
Ascensión Moreno González .
Arte, educación e comunidade: Procesos colectivos para a transformación social
Antonio Alcántara Alcántara
pegadas sobre o papel.
Bublegum.
Diego AS
Edu Hermida
Emi de las Heras.
Pía Piadosa
Yoe33
Bibliografía e outras referencias

____

Editorial: Alvarellos 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 240
ARTE URBÁN