Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PASÍN. MEMORIA DUNHA RESISTENCIA

€17,50
ISBN

O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as libertades: é a “memoria dunha resistencia”, a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia mancada a fondo polo franquismo e que representou, na transición, un novo xeito de facer política.

Despois de longas horas de conversa co exconcelleiro de Compostela Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), o xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as liberdades. Pasín: memoria dunha resistencia (Alvarellos Editora, 2021) relata os durísimos anos da posguerra, cando a ditadura mancou a fondo a familia Pasín Noya; detense logo, xa na década dos sesenta, na acción política do protagonista, centrada na defensa da veciñanza do seu barrio de Conxo; e xa, na transición democrática, cando chegou o momento das liberdades, e Pasín pasa a formar parte da corporación municipal, inicialmente elexido nas listas do PCG e despois  integrado como independente  nos gobernos de Xerardo Estévez e Xosé Sánchez Bugallo.

Luis Pasín representa, sobre todo, un xeito novo de facer política, onde a procura do consenso e o entendemento primaron sempre na súa acción pública.

O libro fai un percorrido pola súa traxectoria vital e política, na que foi protagonista tanto da resistencia antifranquista en Compostela como dos  primeiros intentos da esquerda local por acceder  ás institucións democráticas e do traballo na corporación como concelleiro durante 24 anos, tanto no goberno como na oposición.

A obra inclúe unha galería fotográfica que supón unha singular e áxil crónica en imaxes da vida en Santiago de Compostela  durante máis de oitenta anos. Nela aparecen destacados persoeiros  que Pasín coñeceu ao longo da súa traxectoria, como Isaac Díaz Pardo, Rafael Alberti, Fidel Castro, Santiago Carrillo, Antonio Machín, Emilio Pérez Touriño ou Vicente Álvarez- Areces.

Ilustrado con imaxes inéditas.

José Luis Estévez (Ferrol, 1968) é xornalista, especializado en comunicación corporativa e xestión de proxectos culturais, e colaborador habitual do portal GCiencia. Ao longo da súa traxectoria profesional traballou nas axencias EFE e Europa Press, para os xornais El País e Expansión. Entre 2004 e 2010 puxo en marcha e dirixiu as revistas de ocio e cultura Vive Santiago e Vive Galicia. En 2006 publicou o libro "Víctimas desde el Finisterre, la voz de los gallegos golpeados por el terrorismo". Viviu durante cinco anos en Buenos Aires, cidade na que realizou numerosas reportaxes para a edición galega do xornal El País sobre a situación da comunidade e a cultura galegas no país austral. É autor de centos de novas, reportaxes e artigos sobre diversas temáticas, desde economía a cultura pasando pola crónica futbolística. En 2020 foi coordinador e comisario da exposición "Manuel Vilariño. Rizoma" que puido verse na Igrexa da Universidade de Santiago.

    _____

    Editorial: Alvarellos
    Idioma: Galego