Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PASAR

€13,00
ISBN 9788494541179

Publicada en 1929, a segunda e última novela de Nella Larsen (1891-1964) ofrécenos un apaixonante relato sobre a ambigüidade, o perigo, a identidade e o desexo narrado cunha destreza e unha elegancia que cativan desde a primeira liña.



Nova York, anos vinte. Irene Redfield e Clare Kendry son dúas mulleres afroamericanas de pel clara dabondo para pasaren por brancas. Irene, casada cun médico, vive comodamente instalada nos selectos círculos da puxante burguesía afroamericana de Harlem. Clare, en cambio, está casada cun banqueiro branco e racista que descoñece a súa orixe racial. Cando as dúas mulleres se reencontran tras anos sen se ver, a colisión entre estas dúas maneiras opostas de vivir sacode as vidas de ambas até o máis fondo. Nella Larsen naceu nun barrio obreiro de Chicago en 1891. Filla dunha muller branca de orixe danesa e dun inmigrante afrocaribeño co que tivo pouco contacto.   En 1915 completou os estudos de Enfermería en Nova York, profesión que exerceu até 1919, cando casou con Elme Imes, un eminente físico afroamericano. O matrimonio con Imes supuxo un notable ascenso social para Larsen, que comezou a publicar relatos breves e a moverse nos círculos do Renacemento de Harlem. En 1928 publicou a súa primeira novela, Quicksand, seguida ao ano seguinte por Pasar, ambas moi ben recibidas pola crítica. En 1930, converteuse na primeira muller afroamericana en recibir unha bolsa Guggenheim. Co diñeiro da bolsa, e cun matrimonio en crise debido ás infidelidades do seu home, Larsen dedicouse a viaxar por Europa preparando unha novela que nunca vería a luz. Ao seu regreso a Nova York, en 1933, divorciouse e desapareceu por completo dos círculos literarios. Retomou a súa profesión de enfermeira e morreu no anonimato en 1964.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego