Palabras como moscas é un conxunto de narracións de temática e tamaño variados, todas elas obra de Antón Cortizas, polo que este libro tamén podería ter o título de Antoloxía. Estes relatos foron escritos ao longto do tempo en diversas circunstancias e por diferentes motivos. Uns estiveron gardados na gabeta ata seren incorporados a este libro; outros, porén, foron xa divulgados en diferentes publicacións, acompañando case sempre historias doutras mans, e algúns deles recibiron recoñecemento nalgunhas convocatorias literarias.
____
Editorial: Embora 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 222
RELATOS