Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O OUTEIRO DO AMIEIRO

€14,70
ISBN 9788411761970

O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo mundo adiante, aínda que sexa o carballo máis ergueito.
Mais a árbore desta novela sempre quixo deixar o lugar onde naceu. Sempre quixo moverse, camiñar dun lado ao outro, coñecer sitios novos.
E, daquela, a natureza ofreceulle unha apaixonante aventura. E aquí a tes, a narración do amieiro que quixo coñecer o mundo e o seu percorrido. Cada páxina é unha porta, e a chave para abrilas todas é a lectura.

ANJEL LERTXUNDI (Guipúscoa, 1948) Estudou Filosofía e Letras. Foi un dos fun-
dadores da Asociación de Escritores en Lingua Vasca e o seu primeiro presi-
dente. Gañou en 1983 e 1992 o Premio da Crítica de Narrativa en Éuscaro, e o Premio Euskadi de Literatura en 1999. En 2010 obtivo o Premio Nacional de Ensaio.
Ten máis de trinta obras dirixidas ao público infantil e xuvenil. O seu traballo literario caracterízase por un ton poético e musical, logo a súa obra vai adquirindo un ton máis intimista, de procura interior.
En 2006 Galaxia publicou en galego Felicidade perfecta, novela dirixida ao público xuvenil, en 2009 Bícame mon amour, na colección Árbore 12 anos.

TRADUCIÓN: MARÍA RAMOS SALGADO

____

Editorial: Galaxia 03-2024
Idioma: Galego