Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OURIKA

€7,00
ISBN 9788494971341
Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, e adoitaba relatala no seu afamado salón literario. Foron os seus amigos os que lle aconse-llaron que a escribise, de maneira que en 1823 apareceu unha edición privada que un ano despois xa foi pública. A anécdota real, metamorfoseada pola autora cos requirimentos da ficción, acadou unha moi boa acollida entre a crítica e o público, chegando a vender uns 7.000 exemplares, un fito para a época.

Claire de Duras pode ser considerada a primeira escritora en afondar na sensibilidade dunha muller africana, e faino construíndo un conciso e concentrado relato no que debulla os máis íntimos pensamentos de Ourika. Vítima da práctica inhumana da trata, a rapaza vive dende nena aparentemente integrada na sociedade aristocrática, que lle proporciona unha esmerada educación só destinada ás familias acomodadas, até descubrir a mentira que a arrodea, pois no fondo é albo dos prexuízos que imposibilitan a súa felicidade. Ourika reflicte na súa confesión, reconstruída polo médico que a atende nos seus últimos días de vida, os padecementos dunha muller intelixente, torturada pola idea da soidade e a imposibilidade dun afecto verdadeiro.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego