Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS NENOS DO FERROCARRIL

€18,00
ISBN 9788416884940

Cando o seu pai desaparece misteriosamente, Roberta, Peter e Phyllis deben deixar a súa vida confortable en Londres para instalarse nunha modesta casa de campo e a súa nai ponse a escribir para obter uns ingresos que apenas chegan.

Os nenos pasan o tempo na estación de tren, onde fan amizade co mozo das maletas, co xefe da estación e cun pasaxeiro ancián que lles axudará a resolver varios problemas.

Traducido por Moisés Barcia

Publicado tamén en castelán.

Edith Nesbit (Londres, 1858-1924) medrou no seo dunha familia numerosa. Con tres anos quedou orfa de pai, o que provocou que tivesen que mudarse en varias ocasións. Viviu en Inglaterra, Francia, España e Alemaña. Con 22 anos casou e formou unha familia nada convencional, ó tempo que se implicou na literatura e no activismo político. Os libros infantís de Nesbit destacan polo seu humor e estilo innovador, que mestura a realidade ordinaria con elementos máxicos, e tiveron unha influencia determinante na literatura infantil actual.

____

Editorial: Sushi book 03-2025
Idioma: Galego
Páxina: 156
INFANTIL E XUVENIL
AVENTURAS, CLÁSICOS