Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS CELTAS. UNHA (RE)VISIÓN DENDE GALICIA

€30,50
ISBN 9788499141947
Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia é un recoñecido ensaio histórico e arqueolóxico escrito polo prestixioso arqueólogo e antropólogo galego Francisco Calo Lourido.
O libro, publicado por Edicións Xerais de Galicia en 2010, foi galardoado co Premio Losada Diéguez no ano 2011 polo seu rigor investigador.O obxectivo central da obra é afondar na complexa relación entre o pobo celta e Galicia de forma obxectiva, afastándose dos mitos románticos e do debate polarizado entre "celtófilos" e "celtófobos"
Claves do Ensaio
  • A lingua como eixe: Defende que o feito celta é, fundamentalmente, unha cuestión lingüística.
  • Ruptura de tópicos: Fuxe do celtismo europeo mimético e critica que tradicionalmente "todo en Galicia era celta" sen base científica.
  • Cultura Castrexa: Contextualiza arqueoloxicamente os nosos castros analizando as diferenzas coas culturas de Hallstatt e La Tène.
  • Revisión historiográfica: Repasa o traballo dos precursores e románticos do século XIX, detallando como se forxou o mito celta galego.
  • Sociedade e Relixión: Dedica capítulos a estudar as similitudes e diferenzas relixiosas e sociais co resto de pobos peninsulares. 

Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.

____

Editorial: Xerais 04-2010
Idioma: Galego
Páxinas: 384
HISTORIA
CELTAS