Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CASTELAO É NOSO

€13,90
ISBN 9788418567612

Este breve volume reúne parte da obra ensaística dispersa de X. L. Méndez Ferrín
na que aborda o pensamento político de A. Daniel Rodríguez Castelao. O eixo
aglutinador é a crítica á apropiación da súa figura por quen actúa en contradición co
que Castelao fixo e deixou escrito.

Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo así un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro.
A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que Ferrín reflexiona sobre a actividade política de Castelao permite achegármonos a unha mellor comprensión dos acontecementos que singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa fundamental da nosa historia recente».
No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria persoal e activismo político dende 1953 ata a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas.

É dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen a memoria dos que sufriron e dos que perderon na Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o oprobio ao longo de corenta anos e máis».

____

Editorial: Alvarellos 08-2024
Idioma: Galego
Päxinas: 92
CASTELAO
ENSAIO