Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)

€19,95
ISBN 9788484874348
Unha recopilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados en xornais e nas revistas nas que colaboraba. José Gómez de la Cueva que asinaba os seus traballos co pseudónimo  Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil.

Os seus artigos, reportaxes i entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa morte, de publicar unha escolma co título de Cartafol de poesía. Elixido alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu raballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril de 1937. A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua...), por xéneros xornalísticos e ordenados cronolóxicamente.
Francisco Rodríguez Pastoriza (Bueu), foi profesor de Comunicación e información audiovisual, Información cultural, Fotografía informativa e Evolución da información nos medios audiovisuais, da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Tamén foi profesor do máster de Periodismo Cultural, da Universidade CEU San Pablo. Xornalista de TVE e adxunto á Área de Cultura dos Servizos Informativos desta cadea, actualmente escribe crítica cultural nos xornais do grupo Prensa Ibérica e na publicación online Periodistas en español(www.periodistas-es.com). É autor dos libros Oficio de lecturas. Escritos de Periodismo cultural (Terra Ignota), Qué es la fotografía (Lunwerg), Periodismo cultural (Síntesis), Cultura y televisión. Una relación de conflicto(Gedisa), La mirada en el cristal. La información en televisión (Fragua) e Perversiones televisivas. Una aproximación a los nuevos géneros audiovisuales(IORTV).
 
 
 

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego