Ficción histórica, autobiografía, ciencia ficción e sátira mestúranse neste relato das experiencias de Billy Pilgrim durante a Segunda Guerra Mundial, concretamente na destrución de Dresden.
Matadoiro cincoé unha delirante novela antibélica con viaxes no tempo e no espazo, que se converteu nun dos maiores clásicos da literatura estadounidense.
Traducido por Estela Villar Nogueira
Kurt Vonnegut (1922-2007) foi un prolífico escritor estadounidense. Alistouse no exército do seu país en 1943 e destacárono para loitar na Segunda Guerra Mundial en Europa. A súa captura e posterior encarceramento en Dresden levárono a ser testemuña do bombardeo da cidade, que o inspiraría para escribir Matadoiro cinco.