Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LIBRO QUE NINGUÉN PUIDO LER. SOBRE A REVOLUCIÓN DOS ORBES CELESTES.

por VV. AA.
€9,00
ISBN
Frauenburg, 24 de maio de 1543. No leito de morte, Nicolás Copérnico ve por vez primeira un exemplar da obra que acaba de publicar, titulada De revolutionibus orbium coelestium. Trátase dun conxunto de libros científicos nos que presenta unha idea revolucionaria, que dubidou moito tempo antes de dar a coñecer, pois sabe que con ela se abrirá a caixa de Pandora: é a Terra a que xira ao redor do Sol e non á inversa. Ese mesmo día morre, quedando a salvo de represalias. Non tardará o texto en pasar a formar parte da lista de libros prohibidos pola Igrexa. Pero nada evitará que outros tomen o testemuño, sufrindo por elo duros castigos: Giordano Bruno morrerá na fogueira, e Galileo Galilei deberá abxurar en público desta idea. Pero aínda que tarde, a verdade acabará por abrirse camiño.

Neste libro presentamos o primeiro libro de Copérnico, traducido directamente ao galego dende o orixinal en latín, así como unha biografía do autor e un estudo crítico da obra. En homenaxe aos seus continuadores incluímos tamén a tradución ao galego da sentenza que condenou a Galileo en 1633 e a abxuración que se viu obrigado a pronunciar para salvar a vida.VV



____

Editorial: Uvigo
Idioma: Galego