Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O HIBISCO PÚRPURA

€20,00
ISBN 9788492866939

A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa.

O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas de agarimo imposibles de cumprir. Cando os rapaces visitan durante uns días a cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde piso, descobren un mundo totalmente novo: as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, o respecto polas ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos. Ao regresar ao seu fogar, transformados pola liberdade conquistada, a tensión familiar crece de forma alarmante.

Traducido por Moisés Barcia.

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Nixeria, 1977) pasou a maior parte da súa vida nun campus universitario, primeiro no seu país natal e logo nos Estados Unidos.
En 2003, mentres estudaba en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, moi ben acollida pola crítica. Por ela recibiu non só o Premio Commonwealth Writer ao mellor libro dun autor novel, senón tamén o eloxio do seu admirado Chinua Achebe.
Despois virían Half of a Yellow Sun (2006), The Thing Around Your Neck (2009), Americanah (2013) e Todos teriamos que ser feministas (2014), obras que a confirmaron como autora contemporánea de referencia.

 

____

Editorial: Rinoceronte 11-2017
Idioma: Galego