A vida de Voltaire foi moi longa e intelectualmente moi fecunda. O filósofo ignorante é unha obra tardía e non das máis coñecideas, pero moi fácil de ler, mesmo para quen non estea moi afeito a estudar Filosofía. É unha colección de textos breves, frescos e irónicos, ás veces tamén frívolos, posto que descualifica un pouco alegremente a outros pensadores, pero terase en conta que son reflexións escritas un pouco a voa pluma e non un profundo tratado filosófico. O título refirese ó feito de que a tarefa do filósofo sempre queda sen fechar, e as súas reflexións nunca chegan ó final....