Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOVENTA ANOS DESPOIS

€7,00
ISBN 9788412259315

Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de muiñeiro acaban mortos; entra entón en xogo o vampiro, cuxa confrontación co destemido Strahinja desencadeará unha espiral de fantasiosos sucesos.

Noventa anos despois, publicada orixinalmente en 1880, é a meirande obra narrativa de Milovan Glišić e supón unha valiosa achega tanto á literatura gótica como á de temática vampírica, pois é anterior, en dezasete anos, ao Drácula do dublinés Bram Stoker. Así mesmo, cabe cualificala de curioso testemuño de época, en tanto que reflicte con acerto diversos elementos da mitoloxía e do folclore balcánicos na súa fonda relación cos vampiros: así, alude de forma directa ao mítico Sava Savanović, introduce o muíño como o ámbito natural deste, sitúa correctamente a acción en Zarožje e conforma unha suxestiva atmosfera alicerzada sobre enterramentos, estacas de estripo, auga bendita e mórbidas chorumas. En consecuencia, esta obra breve demostra ser máis fiel á tradición eslava do que outras posteriores e máis coñecidas do xénero.

Con base no opúsculo de Glišić, o realizador Đorđe Kadijević estreou en 1973 a adaptación cinematográfica Leptirica.
         
____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego