Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOIA E MUROS PAISAXES URBANAS DE SÉCULOS II

€25,00
ISBN 9788412254112
Na ría de Muros-Noia, onde o Atlántico perde a súa bravura convertido nun mar interior, as vilas que lle dan nome ofrécense como exemplos para mostrar como a riqueza cultural nace dunha longa historia de precesos naturais e de intervención e imaxinación humananas. No espazo actural de Noia e Muros podemos ler o tempo por mor da presenza de vestixios do pasado -visibles- que permanecen como pegada territorial coutras xeracións que nos precederon. Dende un enfoque histórico-xeográfico achegámonos a estas entidades urbanas coa pretensión de descifrar e realzar a súa riqueza cultural. A análise da evolución histórica da súa paisaxe ten como principal obxectivo aportar elementos para un mellor coñecemento da paisaxe actual e da súa problemática así como criterios para unha mellor xestión do territorio, pois pensamos que unha axeitada perspectiva histórica axuda a unha mellor comprensión dos procesos que conduciron ata a crise do presente, así como deseñar con sentido outras opcións de desenvolvemento urbano máis sustentables

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Galego