Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NA CASA DA ESPERANZA

€22,00
ISBN WP1622
Naceu en Vilalba no ano 1947. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolve a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, na actualidade, é coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Premio Trasalba 2014

Agustín Fernández Paz. Naceu en Vilalba no ano 1947. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolve a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, na actualidade, é coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Aínda que é autor de moitos traballos sobre cuestións pedagóxicas e relacionadas coa literatura infantil e a normalización lingüística, Fernández Paz debe a súa popularidade como escritor á súa obra narrativa, recoñecida dentro e fóra de Galicia con numerosos premios. En 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor. En 2011 foille concedido o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. En 2012 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Entre os seus libros destacan A cidade dos desexos (1989), As flores radiactivas (1989, premio Merlín), Contos por palabras (1990, premio Lazarillo), Lonxe do mar (1991), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas do corredor (1993), Rapazas (1993), Trece anos de Branca (1994, premio Edebé) e Unha lúa na fiestra (1997). En 2014 foi distinguido co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo

____