Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte.
Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío de protagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que se bifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humano do auxilio solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado que sempre acompaña, forman parte dunha historia engaiolante e poliédrica onde moitos lectores e lectoras se recoñecerán.
JUAN PARCERO (Moaña, 1977). Despois de tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra aberta e Vento na cara), e unha manchea de curtametraxes, paso á novela de ficción científica levando consigo as preguntas que poboan a súa obra: o medo, a melancolía, o mundo onírico, a soidade, onde debutou en Editorial Galaxia con A soidade selénica (2022), e, dende un lugar afastado no tempo e no espazo, usou referencias musicais, cinéfilas e literarias do seu propio e poliédrico universo.
____