Antón aínda non ten un ano,
por iso pouco fala,
así que descoñecemos
se lle gustarán os trens ou as fadas.
Por que, se é neno, hai que asignarlle a cor azul e, se é nena, a cor rosa”?
Por que, se é neno, tenlle que gustar o fútbol e se é nena, a danza?
Velaquí un conto que se formula todas estas preguntas e que aposta pola transformación das “vellas” masculinidades e dos estereotipos de xénero.
____
Editorial: VerdemarIdioma: Galego