Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MIÑO

€22,00
ISBN 9788412591583

Astariz do Miño era un nome oco para o Pol, o lugar de nacemento do seu pai Andreu e onde o avó Brais deixara un fogar.
A arcana forza do lugar levaraos a desenterrar vellos diaños e movidos por cadansúa axenda secreta enfrontaranse á violencia, ó rancor, á maldade e á tolemia que desgarrarán tanto as súas vidas coma as antigas lendas que as rexen.
O desocorrer da aventura enchóupase nun pasado franquista e de guerra civil, de lendas e de crenzas, de violencia e de medo, de familia e de inimigos, de pobreza e de relixión; pero non deixa de lado os conflitos do presente, das súas personalidades, do independentismo catalán, das relacións familiares, da confianza. Trátase pois dunha viaxe de aventura e misterio, onde o primeiro desafío é o interior.

____

Editorial: Toxosoutos 04-2024
Idioma: Galego 
Páxinas: 681