«Esa rapaza de 1958, que é capaz a cincuenta anos de distancia de xurdir e provocar unha debacle interior, ten, pois, unha presenza oculta, irredutible en min. Se o real é o que actúa, o que produce efectos, segundo a definición do dicionario, esa rapaza non son eu, pero é real en min. Unha sorte de presenza real.»
EnMemoria de rapaza, Ernaux narra con estilo desenfadado os lances co amor, o desamor, o desexo e o sexo da apenas adulta Annie Duchesne, e como esta se converteu na Ernaux de hoxe. A autora regresa ao verán da súa maioría de idade e rememora a súa experiencia como monitora nun campamento e os seus seguintes anos como estudante.
Annie Ernaux
Annie Ernaux (Lillebonne, 1940) debutou na literatura en 1974 con Les armoires vides, que se alimenta do mesmo episodio ca O acontecemento (2000). Cunha longa e prolífica carreira, a autora revela a agonía da experiencia de clase, describindo a vergoña, a humillación, os celos ou a incapacidade de ver quen se é, cun estilo sinxelo e limpo. En 2022 gañou o Premio Nobel de Literatura“pola coraxe e a agudeza clínica coa que destapa as raíces, os alleamentos e as limitacións colectivas da memoria persoal.