A figura do doutor Manuel Pérez Maroño.
As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar á casa de moitos doentes cumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitas ocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e o desenvolvemento das zonas. Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemas de saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos á cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursos económicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos. Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sen cobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles máis necesitados, nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros e gardiáns de segredos. Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecido como «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía por milleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte.
Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo periodo de máis de corenta anos, que abarca dende mediados da década dos cincuenta ata 1995, ano no que se xubilou. É recoñecido coma “un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda mitade do pasado século” cunha “importante labor de liderazgo da clase sanitaria da zona” (La Voz de Carballo, 2005)
Braulio Pérez Astray (Baio, 1961). Doctor en Ciencias Económicas y Empresariales por la Universidade da Coruña con la cualificación de Sobresaliente Cum Laude. Cuenta además con el Diploma de Estudios Avanzados en Economía Aplicada, obtenido en el programa de doctorado «Integración europea y políticas públicas» de la Facultad de Economía y Empresa de la UDC. Sus trabajos académicos de Tercer Ciclo finalizaron alcanzando el Premio Extraordinario de Doctorado. También es licenciado en Geografía y Historia, en la especialidad de Historia Contemporánea, por la Universidad de Santiago de Compostela. Funcionario de carrera de la Escala Técnica Superior con plaza como Técnico en Innovación y Transferencia de Tecnología de la Universidade da Coruña. Cuenta con amplia experiencia de participación nacional e internacional en proyectos en esta materia. Promotor de actividades de I+D colaborativa y bajo contrato entre la UDC y otras instituciones públicas y entidades privadas. Asesor y colaborador de diferentes organismos nacionales e internacionales para el diseño y desarrollo de políticas científico-tecnológicas y estrategias de innovación. Autor y coautor de libros, artículos y otras publicaciones especializadas en la temática de la innovación y la cooperación Universidad-Empresa.
____
Editorial: Hércules 02-204Idioma: Galego