LEMBRANZAS DO MEU VIVIR I. O MEU SÉCULO XIX. OS TEMPOS DO INSTITUTO. OURENSE, 1898-1904
Introdución, edición e notas de Patricia Arias Chachero e Teresa García-Sabell Tormo
Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa da Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna. Coñece a historia da casa e da familia.
A entrada no instituto fai que o memorialista descubra a amizade. Son os anos de formación, de profesores que espertan entusiamos e de compañeiros fraternais. Neses seis anos xorden no escritor tres grandes arelas: o gusto pola xeografía, a inquedanza política e a vocación de mestre.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Galego