Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LA GALICE: DEZ SÉCULOS DE OLLADAS FRANCESAS

€12,00
ISBN 9788498871258

E abondosa a presenza de Galicia en textos francófonos e son constantes os testemuños de visitantes franceses á nosa terra dende a Idade Media. La Galice, dez séculos de olladas francesas é o froito dunha extensa peneira de textos literarios e de reflexións e descricións de peregrinos, soldados, diplomáticos, científicos, viaxeiros, xornalistas, escritores ou simples turistas. O fermoso fresco así formado non só ofrece unha visión variada e polícroma de como nos ven no exterior, senón que axuda tamén a comprendernos mello os propios galegos. Dende o inicio do camiño a Compostela ata a catástrofe do Prestige percorremos o fio de eventos históricos na compaña de persoeiros ou de seres anónimos. Atravesando as invasións francesas máis coñecidas, como a napoleónica e rescatando a memoria doutras deliberadamente ocultadas, como a da primeira restauración borbónica. Con tempo para seguirmos a liñaxe do personaxe do infortunado rei de Galicia, que, do Roman de Pontus, chega a Victor Hugo pasando por Roldán e ten as súas raíces na función asignada ao noso país como baluarte libre do cristianismo fronte á invasión árabe..

____

Editorial: USC 05-2009
Idioma: Galego

También te podría interesar...