A obra que recensionamos pertence claramente ao grupo do primeiro elemento do binomio axiolóxico que trazamos arriba. Vanse cumprir trinta anos da súa primeira edición e mantén non só toda a súa vixencia analítica senón a súa practicidade, a súa máis plena actualidade. E non é dado histórico menor repararmos en que un libro xestado no tardofranquismo atravese a transición, sexa fundamental, premonitoriamente, na análise do marco legal-institucional que instaura o novo rexime (con herdanza ben visíbel do modelo anterior) e resulte utilísimo nos tempos actuais, onde tantos dogmas autoritarios –tamén en materia iuslingüística- volven campar sob o pretexto dunha “revisión”, eufemismo dunha ben perigosa involución que ameaza dialectalizar, residualizar, as linguas nacionais en tensión coa oficial do Estado.”
____
Editorial: Laiovento 2005Idioma: Galego