Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

IDENTIDADES E IDEOLOXIAS PERANTE A DIVERSIDADE LINGÚISTICA

por VV AA.
€20,00
ISBN 9788417802745

Nun contexto marcado pola globalización, os desprazamentos e a transformación dos espazos de socialización, as linguas deixan de ser entendidas unicamente como sistemas formais para revelárense como escenarios nos que se negocian ideoloxías e identidades. Este volume propón unha reflexión sobre como se constrúen, cuestionan e reformulan as identidades lingüísticas e as ideoloxías que as acompañan, tanto no contexto galego como noutros escenarios multilingües.
Desde o humor e a performance ata os espazos educativos, familiares e dixitais, os estudos aquí recollidos abordan temas centrais da sociolingüística contemporánea: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades e as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Na conxunción de enfoques teóricos e metodolóxicos diversos, as autoras e autores ofrecen unha visión ampla e crítica da diversidade lingüística como práctica social situada, atravesada por tensións ideolóxicas.
Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística ponlle o ramo ao proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, desenvolto no Instituto da Lingua Galega (2020-2024), e constitúe unha invitación a repensar o feito lingüístico desde a súa complexidade e pluralidade e mais a imaxinar comunidades lingüísticas máis xustas, inclusivas e conscientes da riqueza que supón a diversidade.

s situacións de contacto lingüístico xeran espazos de gran riqueza
onde agroman o multilingüismo e a diversidade lingüística. Nestes
contextos, marcados actualmente pola globalización, os uxos migratorios e a transformación dos lugares e medios de socialización,
as linguas e os seus usos sofren modicacións constantes e convértense tamén en obxecto de reexión, debate e mesmo disputa ideolóxica. Deste
xeito, xa non abonda con entender as linguas como sistemas diferenciados de
signos, cómpre interpretalas como ámbitos de práctica social, como parte dos
escenarios nos que se negocian ideoloxías e identidades.
Neste sentido, as identidades xa non son concibidas como un conxunto xo
de trazos esenciais que denen unha persoa ou un grupo, senón como unha proxección dinámica e contextual cara ao exterior. A identidade é, daquela, unha
construción relacional e parcial, que se congura e reformula constantemente na
interacción con outras persoas e coas estruturas sociais e discursivas nas que esas
persoas se insiren. Esta perspectiva subliña o papel performativo da identidade:
non é algo que se posúe, senón algo que se fai, que se representa, que se negocia
en función das circunstancias, das persoas interlocutoras e dos espazos sociais.
A identidade posmoderna é, pois, fragmentaria, híbrida e situada, máis próxima
a unha narrativa en proceso que a unha esencia estable.
Neste marco é onde se sitúa esta monografía, que propón unha reexión sobre os procesos de construción, negociación e problematización das identidades
lingüísticas e das ideoloxías que as sustentan, tanto no contexto galego como
noutros escenarios multilingües. Asemade, procura ofrecer unha ollada crítica
sobre os discursos e as prácticas que conguran o feito lingüístico nas sociedades
actuais, caracterizadas por dinámicas lingüísticas cada vez máis complexas.
As reexións que contén este volume derivan en boa parte dun proxecto de
investigación que levaba por título Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística (Proxecto PID2019-110352GB-I00, nancia-
Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra & Miguel Guisantes-Alonso
8
do por MCIN/AEI/ 10.13039/501100011033), que se desenvolveu entre xuño
de 2020 e febreiro de 2024 e no que participaban dúas das tres persoas que
editamos esta monografía (Elisa Fernández Rei e Miguel Guisantes-Alonso), así
como varias das que asinan algúns dos capítulos que conforman este libro: Noemi Basanta Llanes, Xosé Luís Regueira, Gabriel Rei-Doval, Ana Iglesias Álvarez
e Luke Bishop. Esta monografía, obviamente, non recolle todos os resultados do
proxecto, pero as contribucións das mencionadas autoras e autores son froito das
investigacións desenvoltas no seu seo. Canda estas voces, contamos con outras
que nos axudan a dar sentido, en toda a súa amplitude, ao título que propuxemos: Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística. Agurtzane Elordui,
M. Carmen Parata Couto, Gabriela Prego Vázquez, María Caamaño Rojo, Luz
Zas Varela, Marta Estévez Grossi, Carme Silva-Domínguez e María Sampedro
Mella achegan así perspectivas desde realidades lingüísticas diferentes, metodoloxías complementarias das utilizadas e temas que non foron explorados por nós
no devandito proxecto ou que se investigaron só parcialmente.
Deste xeito, os estudos que aquí se presentan tratan cuestións fundamentais
da sociolingüística contemporánea, desde as ideoloxías arredor da autoridade lingüística nas redes sociais ata o papel das persoas neofalantes na redenición das
comunidades de fala, desde as tensións entre o estándar e as variedades locais ata
a activación dos repertorios multilingües nos contextos educativos e familiares.
Trátase de interrogantes que requiren aproximacións teóricas e metodolóxicas
variadas para pensar criticamente a diversidade lingüística.
A perspectiva adoptada neste volume recoñece que as linguas non son entidades estáticas, senón construtos sociais en permanente negociación: desde as redes
sociais ata as aulas, desde os procesos migratorios ata as dinámicas familiares,
as prácticas lingüísticas emerxen como espazos de resistencia, acomodación e
creatividade. O humor, a performance, a intermediación lingüística ou a carnavalización convértense así en ferramentas que permiten visibilizar e cuestionar as
ideoloxías dominantes.
O libro estrutúrase en dúas seccións complementarias. A primeira, Identidades
e ideoloxías lingüísticas, consta de cinco capítulos, nos que se analizan modos en
que se conguran e cuestionan as identidades lingüísticas desde diferentes posicionamentos ideolóxicos, con especial atención á lexitimidade negociada polos
falantes e ás tensións entre autenticidade e estándar.

LIMIAR
Noemi Basanta Llanes e Xosé Luís Regueira abren esta primeira sección e
o propio volume. No seu traballo, exploran as ideoloxías sobre o estándar da
lingua galega a partir das interaccións nas redes sociais con dous perfís institucionais que representan posicionamentos normativos antagónicos: o microespazo
da CRTVG #DígochoEu e o consultorio da AGAL @emgalego. A análise crítica
do discurso revela como, malia as diferenzas formais, ambos os espazos comparten trazos ideolóxicos sobre a normatividade e a autenticidade lingüística, nun
contexto onde as redes sociais funcionan como novos espazos de lexitimación ou
cuestionamento da autoridade lingüística tradicional.
A seguir, o capítulo de Gabriel Rei-Doval analiza a relación entre a autoridade
lingüística e o contacto galego-castelán, centrándose no proceso de estandarización do galego. Neste sentido, a pesar da súa introdución no sistema educativo e
nos medios de comunicación, o galego estándar non conseguiu unha aceptación
plena, especialmente na oralidade, onde persisten as interferencias do castelán.
A discrepancia entre as elites lingüísticas estandarizadoras, que promoven unha
norma estrita, e a comunidade de falantes, que defenden un uso máis exible e
natural, é unha das principais tensións. Xunto con isto, indaga tamén como as
dinámicas de estandarización se relacionan coas ideoloxías do nacionalismo político galego e as dicultades de implementar o galego normativo na vida cotiá da
poboación galegofalante.
No terceiro capítulo, Ana Iglesias Álvarez estuda a consciencia metalingüística
de catro estudantes de universidade galegofalantes, atendendo á súa adquisición e
uso do galego, á súa percepción da propia competencia e ás ideoloxías lingüísticas
que manifestan. A través de autogravacións, entrevistas e un grupo de discusión,
obsérvase unha gradación nos perfís, desde un uso maioritario e seguro do galego
ata unha práctica bilingüe con predominio do castelán. Os perfís máis galegofalantes amosan un maior axuste á norma gramatical e unha visión máis positiva
da súa variedade lingüística, mentres que aqueles máis castelanizados amosan
máis interferencias e menor seguridade. Ademais, en xeral vese o estándar como
necesario, especialmente para contextos formais, e a distancia con este atribúese
sobre todo a aspectos léxicos.
O cuarto capítulo, de Luke Bishop, describe os perfís de neofalantes ourensáns, nos que destaca a súa diversidade ideolóxica e lingüística. Esta investigación identica catro modelos principais de neofalantes: quen emprega un galego normativo, quen prere o dialectal, quen recupera o galego da súa infancia e
aquelas persoas que denomina “xiradoras”, que cambian de actitudes lingüísticas ao longo do tempo. Bishop examina a complexidade da denición do termo
“neofalante”, considerando tanto as súas motivacións ideolóxicas como prácticas. Os datos recollidos en entrevistas semiestruturadas revelan que, a pesar de
autoidenticarse como neofalantes, varían as súas actitudes cara ás interferencias
do castelán e as diferentes formas dialectais. Con todo, semella que en Ourense moitas persoas neofalantes se identican coas variedades máis tradicionais,
o que cuestiona as descricións previas que ligaban o neofalantismo co galego
normativo.
Pechando esta primeira parte, Agurtzane Elordui ofrece unha perspectiva
máis performativa e crítica ao analizar o humor como espazo de transgresión
das ideoloxías lingüísticas hexemónicas. Neste caso, o uso da crítica carnavalesca permite visibilizar formas alternativas de subversión e de resignicación
da diversidade. O texto analiza como a lingua e a cultura vasca, coma outras
culturas minorizadas, teñen historicamente apelado a discursos de autenticidade
baseados en esencialismos e tradicións para lexitimarse e revitalizarse. Porén,
nun contexto sociolingüístico actual máis complexo e reexivo, estes discursos
resultan cada vez menos útiles, especialmente cando as novas e novos falantes
non encaixan neses moldes.
A segunda sección, Multilingüismo e contacto de linguas, que contén tamén
cinco capítulos, amplía o marco de análise cara aos espazos de contacto lingüístico, onde os repertorios se activan, acomodan ou reconguran. Esta parte
do volume presta especial atención aos contextos educativos, migratorios e
familiares como escenarios privilexiados da diversidade lingüística contemporánea.
M. Carmen Parata Couto abre esta sección cunha revisión dos factores que
condicionan o multilingüismo desde as dimensións gramatical, cognitiva e discursiva. A súa contribución achega unha visión integradora dos procesos que
permiten a convivencia de múltiples códigos no discurso e na mente dos suxeitos
falantes. Este texto defende a necesidade dunha aproximación holística e multidimensional ao estudo do bilingüismo e multilingüismo, recoñecendo a súa
complexidade e a diversidade dos contextos sociolingüísticos. A autora cuestiona
os modelos lingüísticos baseados na idea do monolingüismo como norma e proElisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra & Miguel Guisantes-Alonso pón reorientar a teoría lingüística para que parta das prácticas reais de falantes bi-/multilingües. Reivindícase así unha visión do multilingüismo como unha capacidade humana natural e unha dimensión fundamental da experiencia sociocultural.
A continuación, Gabriela Prego Vázquez, María Caamaño Rojo e Luz Zas
Varela analizan as ideoloxías lingüísticas que aoran nas biografías lingüísticas
familiares da mocidade, a través dun enfoque etnográco que inclúe diversas
actividades como entrevistas, xogos, dramatizacións e videocreacións. O obxectivo é comprender como se constrúen e reproducen as ideoloxías sobre as linguas
no contexto educativo e social. A análise destas ideoloxías permite evidenciar
as dinámicas de poder e prestixio entre linguas, así como os efectos negativos
dun modelo monolingüe excluínte. Deste xeito, ao converter as aulas en espazos
multilingües, faise visible a diversidade de prácticas lingüísticas e créanse oportunidades para cuestionar as ideoloxías dominantes. As autoras sosteñen que a incorporación das linguas do alumnado nas prácticas educativas contribúe a unha
educación máis equitativa e transformadora, que valoriza a diversidade e promove unha aprendizaxe inclusiva.
No seguinte traballo, Marta Estévez Grossi aborda un fenómeno pouco visibilizado ata agora no contexto galego: a Intermediación Lingüística por parte
de Menores (ILM), crianzas bilingües que asumen tarefas de interpretación
para as súas familias migrantes. A partir dunha enquisa a futuro profesorado
de secundaria, o estudo revela percepcións ambivalentes sobre esta práctica,
sinalando tanto os seus benecios coma os riscos asociados. A autora defende
a necesidade de integrar a ILM nas políticas educativas, dotando o persoal
docente de recursos e formación para unha xestión responsable da diversidade
lingüística nas aulas.
A seguinte contribución, de Carme Silva-Domínguez, céntrase na experiencia
das persoas que obtiveron unha bolsa BEME, descendentes da diáspora galega en
Hispanoamérica, e no seu encontro co español peninsular ao retornaren a Galicia. A autora analiza como o contacto entre variedades do español xera procesos
de hibridación, resistencia e acomodación, onde o acento, os trazos gramaticais
ou o léxico se tornan marcadores identitarios. As entrevistas reicten tanto a
vontade de adaptación como a tensión entre a identidade lingüística herdada e a
presión normativa do estándar local.
Pecha o volume María Sampedro Mella, que ofrece unha análise contrastiva
das fórmulas de tratamento usted (castelán) e você (portugués europeo), centrada
na súa evolución histórica, usos pragmáticos e percepcións sociais. A investigación, a través de testemuños públicos e enquisas de crenzas, revela como estas
formas, malia o seu prestixio tradicional, se atopan hoxe estigmatizadas en ambas
as dúas linguas, aínda que por motivos distintos. Este estudo bota luz sobre como
os usos lingüísticos se ven modulados pola negociación entre tradición, percepción social e prácticas comunicativas contemporáneas.
Todas estas contribucións, conxugando perspectivas teóricas e metodolóxicas diversas, constitúen unha invitación a pensar a diversidade lingüística desde
a complexidade dos discursos, das prácticas e das relacións sociais. Fan unha
achega relevante, en denitiva, a unha comprensión máis matizada dos modos
en que as linguas operan como espellos, pero tamén como medios na construción das identidades contemporáneas. Nun momento no que se fai urxente
repensar as políticas lingüísticas desde parámetros de equidade e inclusión,
estas achegas contribúen a iluminar tanto os desafíos como as posibilidades
que ofrece a diversidade lingüística para a construción dunha sociedade máis
xusta e plural.
Por último, para pecharmos este limiar, quereriamos expresar o noso agradecemento a todas as persoas e institucións que xeron posible que este volume
vexa a luz. En primeiro lugar, agradecemos o traballo, a colaboración e o compromiso das autoras e autores dos capítulos, que nos xeron tan fácil o traballo
de edición. Tamén nos gustaría expresar o noso recoñecemento e gratitude a
todas as persoas que participaron no proceso de revisión por pares aberta e cuxos nomes se recollen na páxina de créditos do volume. Este proceso aberto de
avaliación deu lugar a diálogos directos e uídos entre as persoas autoras e as revisoras, pero sen minguar en absoluto o rigor nas súas avaliacións, como mostra
o alto nivel cientíco de todos os capítulos que compoñen o libro. Todas estas
persoas que revisaron os textos xeron unha contribución fundamental para
garantir a súa calidade, sen máis recompensa que estas liñas de agradecemento
que agora escribimos. Queremos agradecer tamén o traballo de maquetación
de Chumi Arana, sempre dilixente e ecaz, así como o bo facer da Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega e, especialmente, a axuda de Begoña
Tajes, a súa boa disposición a toda hora e a súa guía imprescindible. FinalmenElisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra & Miguel Guisantes-Alonso
te, damos as grazas tamén ao nanciamento recibido, tanto do Ministerio de
Ciencia e Innovación e a Axencia Estatal de Investigación, que sufragaron o
proxecto de investigación anteriormente citado e que sustenta boa parte dos
traballos recollidos neste volume, como do Ministerio de Cultura e da Xunta de Galicia 

Edición:
   Elisa Fernández Rei
Estela Fidalgo-Garra
Miguel Guisantes-Alonso
Autoría:
 Noemi Basanta
Luke Bishop
Agurtzane Elordui
Marta Estévez Grossi
Ana Iglesias Álvarez
M. Carmen Parafita Couto
Gabriela Prego Vázquez
Xosé Luís Regueira
Gabriel Rei-Doval
María Sampedro Mella
Carme Silva Domínguez
Luz Zas Varela

Limiar
Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra & Miguel Guisantes-Alonso

I. IDENTIDADES E IDEOLOXÍAS LINGÜÍSTICAS
 “Pergunta à gente velha da tua zona”: autenticidade e ideoloxías lingüísticas
sobre a estandarización da lingua galega
Noemi Basanta Llanes & Xosé Luís Regueira
 Autoridade e contacto lingüístico: os falantes galegos e a inestable ecuanimidade
do estándar
Gabriel Rei-Doval
As escollas lingüísticas dos falantes: distintos niveis de consciencia
Ana Iglesias Álvarez
 Os neofalantes, entre o normativo e o galego de toda a vida: evidencia de
Ourense
Luke Bishop
Límites y transgresión. Crítica carnavalesca en la era de la performance
Agurtzane Elordui
II. MULTILINGÜISMO E CONTACTO DE LINGUAS
Multilingüismo: factores gramaticais, cognitivos e discursivos
M. Carmen Parata Couto
Ideoloxías lingüísticas na (re)presentación da diversidade da aula
Gabriela Prego Vázquez, María Caamaño Rojo & Luz Zas Varela
 A Intermediación Lingüística por parte de Menores en Galiza: un primeiro
estudo exploratorio
Marta Estévez Grossi                                                                           
 “Mi partida literal de nacimiento es mi voz”: contacto e acomodación entre
variedades do español no retorno diaspórico a Galicia
Carme Silva-Domínguez
 Usted (castelán) e você (portugués europeo): crónica de dúas mortes anunciadas?
María Sampedro Mella

____

Editorial:Consello da Cultura 12-2025
Idioma: Galego
PÁXINAS: 327
ENSAIO/INVESTIGACIÓN
SOCIOLINGÜÍSTICA
LINGUA
MULTILINGÜISMO