Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIA INDUSTRIAL VIDÁN-LARAÑO

€35,00
ISBN 9788412907988

El autor pone en valor en este estudio una parte importante de la arquitectura industrial de nuestra ciudad. En el se hace referencia a un valioso complejo industrial que en Vidán – Laraño estaba construyendo en 1792 el comerciante compostelano Jacobo Pérez Villamarín, formado por una fábrica de curtidos de pieles, una fábrica de papel y varios molinos de harina.

Historia

O comerciante compostelán don Jacobo Pérez Villamarín, residente en Vidán-Laraño, comezou a crear un complexo industrial dende o ano 1792 formado por unha fábrica de papel e varios muíños fariñeiros aproveitando o río Sar. Poucos anos máis tarde, decide asociarse con Andrés María Fariña para engadir unha fábrica de curtidos, pero este retirouse polos excesivos gastos de tal construción. Manuel Freire Castrillón será o novo socio de Villamarín e xuntos levantan a fábrica da Ponte Vella de Vidán, tamén coñecida como «a fábrica do Pego».

A comezos do século XIX, en 1800, Pérez Villamarín tivo problemas económicos de tal forma que tivo que hipotecar a fábrica de papel e ceder a súa parte na tenería que estaban a edificar, polo que en 1803 Manuel Freire pasa a ser o único propietario da fábrica de curtidos. Era este un comerciante compostelán, deputado da provincia de Mondoñedo nas Cortes de Cádiz, Familiar do Santo Oficio e absolutista durante os anos do Trienio.

Rematada a fábrica, Freire decide contratar como mestre por dous anos a un francés chamado Juan Bufin. Ademais, merca varias fincas na zona e importa coiros do Río da Plata. En 1809 hipoteca a tenería para pagar a carreira militar do seu fillo. E durante a guerra a fábrica foi saqueada polos franceses pero continuou traballando ata os anos vinte, cando morre o propietario. Parte da familia de Freire marcha a Madrid polo que a fábrica será arrendada no ano 1826 durante seis anos a unha compañía formada por dous portugueses, Benito Fernández e José Teigeira.

Dende 1830 e ata a súa morte en 1860, manterase como único arrendatario Benito Fernández, un fabricante de sombreiros oriundo de Braga que levaba máis de vinte anos en Compostela, e que levaría a xestión da fábrica de coiros do Pego por máis de trinta anos, facendo esquecer de tal xeito ao dono que a fábrica de Freire fora neste tempo coñecida como «a fábrica de Benito o portugués». Morto Benito, continuará ao fronte da fábrica o seu fillo Rafael Fernández Troncoso, quen a mantería funcionando durante toda a década de 1860.

Será Bonifacia, filla de Antonio Freire e neta de Manuel Freire Castrillón, quen herde a tenería a finais dos anos sesenta e decida vendela a don Francisco Javier Barbeito no ano 1877. Este fillo dun rico fabricante de chocolates compostelán xa era socio arrendatario da tenería Laraño-Igrexa, pero ao adquirir a da Ponte Vella farase propietario. Sen embargo, a crise dos anos ostenta fará que teña un gran endebedamento no momento da seu finamento, no 1889, de modo que os seus herdeiros non se fixeron cargo do seu legado. Desta maneira, a fábrica será transferida a un dos seus avalistas, Manuel Fuentes Rodríguez, mestre xastre e concelleiro na Corporación Municipal que non tiña ningún interese na industria do coiro, polo que a tenería da Ponte Vella pechará as súas portas para sempre.

Nos primeiros anos do século XX, o fillo de Manuel Fuentes, o avogado e xuiz municipal compostelán Agustín Fuentes, converteu a antiga fábrica nunha espléndida finca de recreo. Completou a edificación principal cunha torre de tres andares e os secadoiros e outras instalacións pasaron a ser usados como palleiros ou edificacións accesorias do conxunto, que tomou o nome de Villa Rin ata 1974 que foi vendida.

Recentemente coa construción dunha urbanización e a estrada que une Noia coa de Vigo na Rocha, perdéronse os elementos estruturais da tenería así como os xardíns e parte da carballeira. Na actualidade pódese ver un estanque circular que é parte do antigo muíño de casca e algúns elementos da tenería entre as silvas.

Construción
Dacabalo entre o século XVIII e o século XIX.

Abandono
Finais do século XIX, cara a 1889.

Descrición
O conxunto estaba formado por un edificio con casa habitación, que era a fábrica propiamente dita.
As dependencias distribuíanse nun local destinado aos pilos, con catro caleiros, dous remollos, dúas caninas, tres leiteiras de auga, doce de mudanza e seis asentos.
A continuación o almacén de casca e o muíño, nun local de 38 pes de ancho por 210 de longo. Formando martelo có anterior, cara ao leste e cun ancho de 35 pes por 70 de longo, estaba o adro e unha habitación na planta baixa, con tres cuartos dormitorios e unha sala na alta.
Fronte a estes locais atopábase outra construción a tella van, que albergaba once pilos de mudanza, dúas leiteiras e seis pipas, nun local de 30 pes de ancho e 72 de longo. Unido ao norte deste había un cuberto, tamén a tella van, de 27 por 26 pes.
No medio destes locais había un terreo descuberto que se empregaba para secadoiro de casca, no que había tamén un hórreo de madeira para o millo e algún terreo de sementeira.
O resto tiña 50 ferrados de sembradura, herba, horta e toxeira, amais de castiñeiros, piñeiros e carballos.

Buxa. Asociación Galega de Patrimonio Industrial.

____

Editorial: TEÓFILO 10-2025
Idioma: Castellano
Páxinas: 205
HISTORIA
HISTORIA INDUSTRIAL