GUÍA DAS MACROALGAS DE GALICIA (INCLÚE CD-ROM)
As algas clasifícanse nun grupo heteroxéneo e moi artificial de seres vivos, cun aspecto moi variábel. Esta guía recolle por primeira vez, ilustrada a toda cor por Calros Silvar, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas, do medio no que viven e da relación que estabelecen co resto das comunidades que conforman o ecosistema litoral, así como algunhas ideas sobre o seu cultivo e aproveitamento, con claves de identificación a nivel de xénero. Acompáñase dun CD-ROM
____
Editorial: Bahía 2022Idioma: Galego