Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA . II LEXICOGRAFÍA

€34,95
ISBN 9788484875093

O lector ten nas súas mans a segunda parte de Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro , dedicada , nesta ocasión , ao estudo do devir léxico - semántico do noso idioma , que continúa e complementa a primeira , centrada na Fonética e na Morfosintaxe . Co presente volume cérrase unha viaxe lingüistica a través dos séculos , que se converterá , máis unha vez , nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundide a evolución lingüística do idioma , o primeiro sinal de identidade da nación galega . É para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana , permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego ( tanto o común como o toponímico e o antroponímico ) , descubir os mecanismos de ampliación lexical que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e singificados , e , por último , acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüisticos , inicialmente estraños á nosa lingua ..

Manuel Ferreiro, chairego de nacenza (Saavedra, Lugo, 1955), é actualmente Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña (manuel.ferreiro@udc.gal).

A súa actividade investigadora vai da Lingüística Histórica Galega á Ecdótica e Crítica Textual, para alén de especialista en Eduardo Pondal e autor da edición crítica da súa obra poética galega, que viu a luz en catro volumes na Editorial Sotelo Blanco: Queixumes dos pinos (1995), Poemas Impresos (2001), Poemas Manuscritos (2002), Os Eoas (2005).

No catálogo de EDICIÓNS LAIOVENTO ten diversas obras, entre as que se deben citar Pondal: do dandysmo á loucura (Biografía e correspondencia) (1991), As cantigas de Rodrigu’ Eanes de Vasconcelos (1992), Gramática Histórica Galega (vol. I. Fonética e Morfosintaxe, 1999, 4a ed.; vol. II. Lexicoloxía, 2001, 2a ed.) e De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (2007, 4a ed.)

Dispoñemos tamén de

GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA  I. Fonética e Morfosintaxe (5ª Ed.)

____

Editorial: Laiovento 2021
Idioma: Galego