Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FIGURAS DA FINITUDE

€14,60
ISBN 8484872627
A morte non é un “problema”, nin aínda menos un “misterio”, en canto que non se pode enunciar nin resolver.

Noutro contexto ben distinto, como é sabido, Marx dicía que a humanidade só formula aqueles problemas que pode resolver; porén, é claro que todos os humanos se cuestionan acerca dela. Desde aqueles que só o fan en situacións límites ou ante a desaparición das persoas amadas, até outros que –no outro extremo do espectro- o fan desde a neurose obsesiva no medio dunha angustia que chega a paralizar a súa mesma vida e que anula calquera proxecto existencial. Como asunto científico, a morte é totalmente asequíbel. Tamén como asunto literario. Outra cousa é abordala, como o fai a filosofía, en tanto finitude da existencia humana. É dicer, non se trata da morte como feito, senón da cuestión da conciencia da finitude.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego