Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FESTAS DE GARDAR

€15,50
ISBN 9788412458633
O acto de crear (o que sexa, tanxible ou incorpóreo, duradeiro ou efémero, minúsculo ou colosal) é un fenómeno abraiante. Á marxe da fortuna no resultado dese acto de creación, xa só o feito de extraer do nada o que antes non existía é misterioso mesmo para quen o logrou.Este efecto fascinante é o que fai que o xesto de creación n’A Feroz sexa un acto de gozo e entrega absolutos. Construímos en comunidade o que antes non existía nin sequera na imaxinación individual de cada unha de nós. O noso é un teatro de índole eléctrica, vai atravesando o circuíto que somos coma un impulso de enerxía brillante e vibrante. E nós deixámonos, claro. Porque, como non rendelo todo ante a felicidade de ver traducido o sentir e o pensar colectivo a unha cerimonia escénica que nos reúne coas nosas iguais e nos permite re-crear o xa creado unha e outra vez?Por iso este volume, para compartir por todas as vías ao alcance a felicidade do construído e facer festa do abraio e tamén do fracaso en comprendelo completamente. Porque, como di nestas mesmas páxinas Manuel Antonio (ese non, o outro): “Marabíllame a nosa fermosísima complexidade e o perfectamente compatible que é con facer o idiota”.Así que fagan festa con nós e gárdennos un baile.
Lorena Conde
Ponte Sampaio 1980, é unha actriz, dramaturga[1] e poeta galega.É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola USC. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro -coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do premio Miguel González Garcés (2016) co libro Entullo.

____

Editorial: Cuarto de inverno 02-2024
Idioma: Galego
Colección: ADULTAS