Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FELICIDADE CLANDESTINA

€18,00
ISBN 9788419795328

Felicidade clandestina contén unha serie de relatos escritos en diferentes épocas da vida da autora e recollidos por primeira vez en 1971.

Tras o banal e cotián atopamos revelacións inesperadas arredor das grandes cuestións existenciais, como a amizade, o amor ou o pensamento. Mediante a técnica do fluxo de conciencia, a autora consegue dotar de gran profundidade psicolóxica personaxes de todas as idades.

Clarice Lispector

Clarice Lispector naceu en Chechelnik, Ucraína, en 1920, aínda que ao ano e medio os seus pais migraron para o Brasil, onde se convertería nunha das súas grandes autoras. Estudou Dereito e casou cun diplomático, co que viviu en Europa e nos Estados Unidos. Malia os continuos traslados, mantivo activa a súa carreira literaria dende os 22 anos. Faleceu na véspera do seu 57.º aniversario.


____

Editorial: Rinoceronte 08-2024
Idioma: Galego